premios

No ano 2008 é galardoado con dúas mencións de honra nas categorías de Belas Artes e Natureza no prestixioso certame fotográfico International Photography Awards, Os Ánxeles (California), e no ano 2009 é seleccionado e galardoado de novo no certame fotográfico internacional Prix de la Photographie Paris - Px3. Actualmente no 2010 foi seleccionado como finalista e semifinalista con duas obras presentadas no certame fotográfico nacional Canson Infinity.


Eloy Taboada, colaborou como fotógrafo con revistas e medios de comunicación (Historia de National Geographic, Clío, Siria Magazine e La Voz de Galicia, entre outros) e participou en numerosos proxectos publicitarios e exposicións.

Actualmente dirixe o seu propio estudio fotográfico que lle serve de plataforma para todos os seus proxectos artísticos por Galicia.